Son Bea,

               Mestra de 5º Infantil , estou acompañada dos meus pequen@s granxeir@s.

Este curso, xa son un pouquiño máis grandes, así que...  imos de viaxe polo mundo adiante.

                                    Queres acompañarnos ?  Somos os granxeiros viaxeiros !!!!!!


            A poñerse o cinto e agarrarse ben, que empeza esta viaxe!!!!!

Este curso participamos no Programa de Boas Prácticas do cole, formamos parte do Equipo "Bosque" e nos encargaremos, xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de primaria, de promover e explicar en todas as aulas de infantil as  actividades relacionadas coa conservación do medio ambiente. Empezamos coa Campaña de recollida selectiva do lixo en colaboración co Consorcio das Mariñas. E continuamos coa 4ª Campaña de recollida de alimentos para mascotas.

Este curso creouse no colexio a aula de "Polos creativos" onde se deseñarán actividades STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte Matemáticas) que facilitarán unha aprendizaxe activa integrando as diferentes áreas de coñecemento e buscando o desenvolvemento das diferentes competencias necesarias para a vida.

Xa estamos no segundo trimestre, seguimos cos nosos experimentos, esta vez pintamos na auga !!!

Celebramos o Día da Paz cos nosos mellores amigos e amigas e asistimos a unha obra de teatro " A nena a que non deixaban ser feliz". Compramos a entrada na taquilla e pagamos 1 euro. 

Divertímonos cos músicos da Escola de música de Oleiros escoitando o bombardino. 

E pronto chegou o Entroido, somos maletas viaxeiras !!!!

Chegou a clase un osiño moi especial, chámase Teddy, viña cunha maleta e mostrounos todo o que traía. É un oso viaxeiro. Queremos aprender a preparar a maleta para ir de viaxe.

Temos unha horta nova, traballamos arreo remexendo a terra, quitando pedriñas e abonando. Sementamos cebolas, fresas, leitugas, patacas, brócoli, romeu, tomiño, menta, ourego,.....

Estreamos a aula "Creativa" do cole, estamos a facer construccións: a Torre  de Hércules, a Torre Eiffel,... 

E retomamos as relaxacións.


Nos encantan os contos e agora hai moitos novos na nosa biblio. Tamén visitamos a biblioteca de Primaria, o equipo de Biblioteca contounos un conto moi simpático: "Marcelina, la gallina".

No mes de marzo realizamos tres saídas: bailamos no Concerto de "Pakolas", disfrutamos no teatro de "Trinke Trinke", cantamos con Pablo Díaz e percorrimos a praia de Sta. Cristina coñecendo os animais e prantas que viven alí e como coidar e respectar a nosa contorna.

No pavillón practicamos cos aros, aprendemos a botar pelotas e a lanzar os frisbis, facemos equilibrio e compartimos disfrutando cos xogos. 

Pintamos con espátulas, con contagotas diseñamos a nosa "Seoaniña creativa".

Os nenos e nenas maiores do equipo de Saudadores faláronnos do 8M e celebrámolo  investigando sobre Carmen Arnau Muro, unha "muller viaxeira ", tamén decoramos a porta da nosa clase. 

Na campaña de recollida selectiva de lixo  conseguimos moitos mobiles vellos e a Fundación Jane Goodall permitiunos apadriñar tres chimpancés. 

Celebramos os D´´ia do libro cun "Maratón de lectura" : toda a mañán lendo contos no escenario do colexio. Gustounos moito a idea!!!!

Tamén rematamos  o noso "Reto lector". 

Polo "Día das letras Galegas "coñecimos as historias que escribiu  Don Paco e probamos os seus lentes.   A que estamos guapísimos ?

Somos especialistas en paxaros e contamos aos nosos compañeirose compañeiras das outras aulas o que sabemos. 

Queremos coidar a natureza, agora temos unha gorra verde do Equipo Bosque.  

Na Semana da ciencia presentamos os nosos experimentos e conseguimos que os maiores do cole fixeran unha Torre de Hércules altíiiiiiisima!!!!!

No Escape room, despois de superar varios retos, atopamos o código para abrir o candado e poder desactivar a bomba fétida. 

E chega a "Festa rachada", chegou o momento de poñer en práctica o noso proxecto do curso: imos de viaxe en tren !!!!!!

Continuamos coa primeira  Feira de Canide na que presentamos os produtos da nosa horta: leitugas fresquísimas, brócoli riquísimo, cenorias, ceboliñas, acelgas, patacas, chícharos, tomiño, lavanda, menta , romeu, salvia, ourego, flores, limóns,..... Todo ecolóxico e de primeira calidade. Contamos cunha cesteira moi especial e a axuda de "Pedro granxeiro".

Nun periquete xa remata o curso!!! Celebramos do Día de Luis Seoane compoñendo entre todo o cole este magnífico cadro.

E vaia tarta´-tren que preparamos !!!!! Xa estamos listos para disfrutar este verán e  facer moitas moitas viaxes !!!! 

Volveremos.....

 

                                              CURSO 2021/22. 4º INFANTIL. 

                                 Este curso, empezamos sendo granxeir@s. Temos unha granxa, "A GRANXA DE PEDRO".

                                     Xa nos naceu unha pitiña!!! E máis adiante, xa coñeceredes a "Pedro granxeiro"

Que che parece, porque aínda hai máis... O día que viñeron as familias á reunión, deixaron un regalito para os seus fill@s. Ao día seguinte, vaia sorpresa levaron os nen@s!!!!

Chegou o momento, xa ides coñecer a Pedro granxeiro.

Xa chegamos ao 2º Trimestre !!!!!!       Empezamos con moita marcha !!!!!   

 A que nos relaxamos moi ben!!!!!  Pois tamén imos á biblioteca e investigamos .......

Como xa somos uns experimentad@s granxeir@s, queremos aprender sobre máis animais.

Imos explorar o bosque !!!!   

Celebramos o 8M asistindo  a unha obra de teatro: "¡ Un papá con delantal !"

Publicamos a portada do noso xornal  "PATRULLA   LEO " con noticias superinteresantes. 

Celebramos o Día do Autismo, porque no noso cole cabemos todos.

Xa vai rematando o curso, pero......aínda temos moito que facer!!!!!

Coñecimos a Florencio, e agora co bo tempo chega......A PRIMEIRA EXCURSIÓN !!!!!

O noso cole leva o nome do famoso pintor "Luis Seoane", nós tamén somos luisiñ@s seoaniñ@s e superartistas. Velaí o noso cadro: "A árbore".

E por fin acabaron os recreos separados, xa podemos compartir cos nosos veciños da aula de 4 anos !!!!!!!


O mes de xuño estivo cheo de actividade: 

Os nen@s de 2º de primaria convidáronnos a unha obra de teatro. 

Aprendimos que nas olas de barro pódese cociñar e que antes usábanse moitos utensilios deste material na vida diaria, tamén modelamos o barro!!!!

Os nen@s do equipo de Biblioteca  de 5ª de primaria contáronnos dous contos e entregáronnos un PREMIO!!!!  Síííí, completamos o RETO LECTOR porque somos uns devoradores de contos!!!!! SUPERLECTOR@S!!!!!!!

Ata atrevémonos a unha excursión máis longa. Fomos á Granxa O Ventoso en Laracha.

Viva o autobús!!!!!


Tamén aprendemos con Pedro sobre as abellas e coñecimos a "Material", a tartaruga da profe Bea de Reli, coidamola durante unha semana. Podédela ver na ventaniña de "Cousiñas da aula".

Como vai moita calor, experimentamos coa auga facendo disolucións, burbullas, pintura de xeo,....miradeo no album " Os nosos experimentos"

E  Ta ta ta chaaammmm!!!! UNHA  SORPRESA ..... Paco Nogueiras visitou o noso cole co seu concerto de RADIO BULE, BULE  !!!!!       

Cánto bailamos !!!!!  

Os alumn@s de 6º EP organizaron a "Feira da Ciencia", que divertida!!!! 

E chegou o fin de curso, os compañeir@s de 5º de infantil convidáronnos a ver a representación do conto de "Dona Carme", cántos animais viven na súa casa !

Celebramos unha festa,   preparamos flocos de millo e comemos moitas cousas ricas!!!! Bailamos  e xogamos.

Despedimos aos alumn@s de 6º de primaria que xa marchan para o instituto.

E ata aquí a historia destes granxeir@s que exploraron o bosque.

O vindeiro curso coñeceremos o mundo a través de viaxes máxicas. Continuará.......



¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar